
Velaquí as actividades!


Unha vintena de mulleres, liderando oito actividades relacionadas co medio rural e a súa dinamización, protagonizarán os meses de setembro e outubro na Reserva da Biosfera Área de Allariz (Integrada por Concello De A Bola
Concello de Allariz , Rairiz De Veiga e
Concello de Vilar de Santos ).

O obxectivo será que poidamos aprender da man das nosas veciñas, relatos e experiencias sobre como plantarlle cara a retos tan variopintos como a crise demográfica, relevo xeracional, a inseguridade alimentaria, a crise enerxética ou a adaptación e mitigación ao cambio climático.

Comezamos este domingo día 24, nas hortas de Tralaleira . Para asistir a este, cómpre inscribirse no 664 52 44 86. Agardámosvos!