
Equal Rural
A Equipa Técnica
Conheça as pessoas e as entidades que tornam este projecto possível.
Inovterra
Traballa dende 2012 co “Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude” en varios proxectos, nomeadamente en Campos de Traballo Internacionais (con mocidade de todo o mundo), formacións xuvenís, actividades de longa duración con mozas e mozos, voluntariado na natureza, e programas destinados á xente nova e ao desenvolvemento local e agrícola. Tivo un papel moi relevante na dinamización de políticas inclusivas e sostibles para as persoas novas e agricultoras na rexión.
Equipa Técnica
Bruno Cardoso:
Coordinador do proxecto
Ticiana Cardoso:
Técnica de intervención
Dália Costa: Consultora do Proxecto

ASSOCIAÇÃO DE JOVENS AGRICULTORES DE PORTUGAL (AJAP)
Asociación de ámbito nacional, con diferentes núcleos espallados por todo o país que, dende 1988, desenvolve un grande esforzo no campo da Formación e da promoción do mundo agrícola, con diversas accións de cualificación e especialización, non so para agricultoras e mocidade, tamén para persoas técnicas. Presenta outras liñas de actuación en prol do mundo rural, asistencia técnica no ámbito da produción integrada e agricultura ecolóxica, elaboración de proxectos de investimento.
Equipa Técnica
Horácio Cordeiro:
Coordinador do proxecto
Cristina Araújo:
Técnica de intervención
ASOCIACIÓN DE DESARROLLO SOSTIBLE PARA EL MEDIO RURAL DE LA RESERVA DE BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ (ADR)
Entidade que xestiona a Reserva da Biosfera da área de Allariz, que foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO no 2005. Está integrada por catro concellos da provincia de Ourense (Galiza): Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O seu obxectivo é o desenvolvemento sostible na área que abrangue: a conservación ambiental, cultural e histórica do territorio. A Asociación xa desenvolveu moitos proxectos encamiñados na conservación ambiental, así como o apoio e desenvolvemento rural, moitos deles pioneiros en Galiza.
Equipa Técnica
Eva González:
Coordinadora do proxecto
Inmaculada Soto:
Técnica de intervención
ASOCIACIÓN GRUPO DESENVOLVEMENTO RURAL LIMIA-ARNOIA (GDR10)
Asociación constituída por 106 entidades públicas e privadas, que abrangue a 25 Concellos da Provincia de Ourense. Esta asociación xestiona e coordina a implementación de políticas de desenvolvemento rural e económico no territorio dende 2017. Xestiona o proxecto LEADER e participa en varios programas de cooperación Europea. É unha Asociación de ámbito rexional (Galiza), inserida nunem forte ambiente rural e ligada ás políticas de xestión de desenvolvemento rural, agricultura e economía.
Equipa Técnica
Maria Carnero:
Coordinadora do proxecto
Xosé Manuel Gonzaléz:
Técnico de intervención
Recibe as noticias
Newsletter Equal Rural
Ao recibir o boletín poderás seguir todas as novidades do proxecto así como os últimos workshops.


Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and do not necessarily reflect those of the European Union or European Commission. Neither the European Union nor the granting authority can be held responsible for them.
Contactos
Morada: Rua Nova, Vila Pouca de Salzedas, 3610-074 Tarouca
Teléfono: +351 254 677 510 (chamada internacional fixa)
Email: geral@equalrural.com