Segundo Encontro dos Venresen Feminino de EqualRural
by Equal Rural | Abr 14, 2023 | Novas
Chega o segundo encontro dos Venresen Feminino de Equal Rural. Lembrade que son encontros dixitais nos que podedes participar todas as persoas interesadas. Desta volta contaremos con:

Isabel Vilalba Seivane, do
Sindicato Labrego Galego. Isabel vainos falar dun tema fundamental: os dereitos profesionais das labregas e o acceso á titularidade.

Uxía de Buciños Nóvoa, de
#Tralaleira, falaranos do seu proxecto feminino agroecolóxico. Nas súas palabras: “Un proxecto agroecolóxico autoxestionado que camiña cara a Soberanía alimentar que é o dereito dos pobos para decidir como producir e distribuír os seus propios alimentos, garantindo unha alimentación sá e segura de todas as persoas”.