Equal Rural
o proxecto
O proxecto Equal Rural céntrase nas mulleres do sector agrícola e ten como obxectivo promover a súa participación e representación en todos os postos do sector, incluíndo aqueles que se relacionan con posicións de liderado e toma de decisións, así como a posibilidade de gozar das mesmas condicións laborais (por exemplo, igualdade salarial).
Para que isto sexa posible, deseñouse un proxecto de intervención que incide, primeiramente, sobre a identificación de prácticas/medidas que poidan impulsar a súa participación e representación e que rematen con situacións de discriminación e desigualdade.
Despois, o proxecto incide sobre a sensibilización, recoñecemento e valorización do papel e traballo desenvolvido polas mulleres.
Finalmente, o proxecto afonda na capacitación das mulleres en áreas nas que estas senten dificultades ou para as cales non tiveron oportunidade de formación.
Este proxecto será implementado a nivel Ibérico, en Portugal e Galiza, e funcionará como un proxecto piloto que poderá ser replicado para diferentes contextos europeos onde se detecte este problema social, cos debidos axustes a cada circunstancia.
Obxetivo
O obxectivo do proxecto é potenciar a participación e a representación das mulleres en todos os postos do sector agrícola,
que inclúe aqueles que se relacionan con postos de responsabilidade e toma de decisións.
Destinatarias
Obxetivo Específico 1
Identificar boas prácticas a nivel de inclusión, participación e representación das mulleres no sector agrícola.
Obxetivo Específico 2
Sensibilizar sobre o papel e importancia da muller neste sector tan importante, crear consciencia sobre o traballo que elas desenvolven, así como visibilizar os seus éxitos para recoñecer o seu potencial.
Obxetivo Específico 3
Capacitar as mulleres para que sexan axentes activas no sector agrícola en todos os postos, nomeadamente en postos de responsabilidade e de toma de decisións.
Destinatarias
O grupo obxectivo directo deste proxecto son as mulleres activas no sector agrícola, nas que o proxecto quere impactar directamente e acadar, para promover a mellora da súa calidade de vida, así como contribuír a erradicación das situacións de desigualdade e discriminación das que poidan ser obxecto e que condicionan o seu acceso, participación e representatividade en postos de responsabilidade e toma de decisións. Con este proxecto prevemos acadar de xeito directo preto de 2.000 mulleres do sector agrícola.
En relación ao grupo obxectivo indirecto, destacamos dous grupos principais:
Axentes con poderes de decisión e de creación/ axuste/ implementación de políticas; por exemplo: cargos políticos, axentes con cargos a nivel cooperativo, empresarios, …
porque queremos que os sectores e axentes con influencia sobre a actual situación das mulleres teñan consciencia sobre o que debe ser mudado. É fundamental que a intervención de Equal Rural teña lugar de maneira conxunta con estes grupos.
Dado que son eles os axentes con poder para influenciar e alterar a actual situación das mulleres no sector agrícola, entendemos que é necesario informar, sensibilizar e que tomen as medidas oportunas cara políticas que favorezan a igualdade da muller no sector agrícola. Con este proxecto, prevemos acadar preto de 400 axentes con poder de decisión.
Sociedade en xeral: a mudanza de comportamentos por parte da sociedade en xeral é fundamental para que se poida erradicar o actual paradigma de discriminación e desigualdade do cal as mulleres son aínda vítima.
É fundamental que exista un proceso de coñecemento e sensibilización deste grupo para os desafíos que as mulleres enfrontan, así como para a importancia do seu papel e para as súas potencialidades no referido a motor da sociedade.
Con este proxecto, prevemos acadar neste grupo 10 mil persoas.
Equal Rural
Orzamento
O custo total do proxecto para o período contratual acordado entre a Axencia Nacional e o Coordinador, todos os financiamentos acordados, é estimado nun máximo de: 181 483,75 €.
56% do orzamento total – destinado a recursos humanos internos e voluntarios, que van por a disposición as súas competencias e “saber facer” a favor do mesmo.
22% do orzamento total – Subcontratación
13% do orzamento total – Outros bens, obras e servizos, incluíndo custos con consumibles, con divulgación e comunicación do proxecto, con traduccións e aluguer de salas para dinamizar as atividades.
3% do orzamento total – Custos de compra, incluíndo custos de viaxes, aloxamento e dietas para a realización das reunións de xestión transnacionais.
6% do orzamento total – Custos indirectos .
Recibe as noticias
Newsletter Equal Rural
Ao recibir o boletín poderás seguir todas as novidades do proxecto así como os últimos workshops.
Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and do not necessarily reflect those of the European Union or European Commission. Neither the European Union nor the granting authority can be held responsible for them.
Contactos
Morada: Rua Nova, Vila Pouca de Salzedas, 3610-074 Tarouca
Teléfono: +351 254 677 510 (chamada internacional fixa)
Email: geral@equalrural.com